CRTVG

Buscar

As tormentas remitirán o domingo

Publicado o 09/04/2021 22:06

O son da chuvia a primeira hora desta tarde en Ourense. A auga correndo polo cristal logo de moitos días secos e solleiros. Nestoutra imaxe a forza da auga a pouco máis de 20 km de distancia, en Allariz. Intensidade e cantidade. En pouco tempo recolléronse arredor dos 10 litros por metro cadrado. Nalgúns casos viñeron acompañados de pedrazo. Detectáronse tamén máis de 300 raios.

Durante a tarde estiveron activados os avisos por tormentas en toda a provincia de Pontevedra, na de Ourense e na de Lugo agás na Mariña. Arestora as treboadas comezan a remitir, pero cómpre estar alerta porque mañá sábado poden volver aparecer practicamente en calquera punto país.

A boa nova é que, malia que puntualmente poden traer sarabia, non serán tan intensas. O domingo xa case non quedará rastro delas, como moito, podería haber algunha precipitación pola mañá e na zona cantábrica.








 

Noticias web

09/04/2021