CRTVG

Buscar

As tormentas deixan danos en Cuenca, Cidade Real, Xaén e Castelló

Publicado o 25/08/2021 15:50

A inestabilidade meteorolóxica no sueste da Península Ibérica está a causar estragos en diferentes provincias españolas.

Desde Xaén a Castelló pasando por Cidade Real ou Cuenca, as tormentas deixaron un cento de incidencias para os servizos de emerxencia.

En total, son 23 as provincias con risco de choiva ou sarabia. Unha situación que vén continuar o acontecido na noite de hoxe con cortes en cinco estradas da provincia de Xaén e unha trintena de incidencias por baixos e garaxes anegados.

En Peñíscola víronse imaxes de ríos polas rúas da cantidade de auga que caeu, ata 74 litros por metro cadrado.

En Castela-A Mancha os puntos máis afectados foron as cidades de Cuenca e Cidade Real.

Noticias web

25/08/2021