CRTVG

Buscar

As titulacións de enxeñerías e ciencias da saúde son as que terán máis demanda no futuro

Publicado o 13/06/2018 21:13

As carreiras técnicas e de investigación e saúde son as que teñen mellores perspectivas laborais. Ademais, teñen moita saída as relacionadas coa empresa e a mercadotecnia. De todos os xeitos, segundo os expertos, para escoller o futuro profesionail, os mozos deben pensar primeiro no de toda a vida: que é o que lles gusta e que se lles pode dar ben.

Xa dende o bacharelato estes mozos que se examinan hoxe estiveron orientado o seu futuro profesional. E moitos chegan aos exames da ABAU coas cousas claras.

Outros dobres graos con boas perpectivas profesionais son os combinados de física e matemáticas e matemáticas e informática. Estes rapaces desenvolverán a súa carreira profesional nun mundo en que a investigación e a técnica serán o máis demandado, por exemplo, a xenómica agrícola.

De todos os xeitos, os orientadores laborais recomendan que os rapaces pensen se informen do que supón cada profesión, máis aló das saídas laborais que se promocionan, que ás veces son modas de curto percorrido.

Así que quedamos cun consello clásico que quizais peque de idealista neste mundo dixital e tecnificado: o importante é que cada un busque o camiño para traballar do que lle gusta.

Noticias web

13/06/2018