CRTVG

Buscar

As terrazas poderán ocupar prazas de estacionamento na Coruña

Publicado o 18/06/2020 14:49

Algunhas prazas de estacionamento teñen os días contados na Coruña. Porque ata o 15 de setembro, os locais de hostalería que o soliciten poden ampliar a súas terrazas e ocupar prazas de estacionamento.

O Concello di que a medida é excepcional, para axudar a aqueles locais pequenos que non poden garantir a distancia de seguridade dos seus clientes. E tamén para outros situados en beirarrúas estreitas, e así facilitar o tránsito dos peóns.

A ampliación das terrazas non poderá afectar espazos reservados para carga e descarga, residentes, persoas con discapacidade ou os reservados a outros servizos públicos.

Esta medida entrará en vigor a partir do día do san Xoán. En menos dunha semana, a ela sumarase tamén outra que afectará o tráfico rodado, porque a partir do 1 de xullo dúas céntricas rúas da cidade quedarán pechadas ao tráfico.

 

Noticias web

18/06/2020