As terrazas invaden algúns comercios do centro de Ferrol
Invadidos polas terrazas. Así din sentirse algúns comerciantes do centro de Ferrol.
"Temos as terrazas diante da porta. Somo invisibles".
Consideran que a expansión de terrazas, como as da rúa Real, incumpren a ordenanza municipal.
"Xa presentamos queixas e se non nos queda outra, iremos ao xulgado para protexer ao noso sector que está atravesando por un mal momento", explica Cristóbal García Nores, presidente do Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena.
Pola súa banda, hostaleiros que ocupan fachadas de comercios lindeiros, deféndense: "O Concello permitiunos alargar a terraza para garantir as distancias de seguridade por mor da covid".
Desde o Concello explican que a ordenanza reguladora das terrazas permítelles aos hostaleiros, en rúas peonís, exceder a lonxitude da súa fachada e que a Policía Local é quen se encarga de vixiar que todos cumpran a normativa.