CRTVG

Buscar

As termas públicas de Ourense reabrirán o 1 de decembro

Publicado o 14/10/2021 21:30

"Si. O alcalde de Ourense anunciou hoxe que o 1 de decembro volverá abrir ao público este espazo de baño que leva pechado dende que se decretou o confinamento en marzo de 2020. Nesta ponte festiva foron moitos os veciños e turistas que se achegaron ata aquí para desfrutar das augas termais e, malia estar prohibido, conseguiron acceder ao recinto. Xa hai meses constituírase unha plataforma cidadá para reclamar a reapertura. Agora parece que se van acometer as melloras necesarias para volvelas abrir. Por contra, as termas privadas, lindeiras con estas e que foran presa dun incendio seguen sen data para retomar a actividade".

Noticias web

14/10/2021