As tendas venden en agosto toda a roupa de entretempo
"Somos de Sevilla, vimos todos os veráns a Galicia porque nos encanta, pero dende logo este ano a roupa de verán téñoa toda metida na maleta e tiven que ir a Sfera mercar toda a roupa de inverno outra vez, mira como estou", comenta unha turista.
Os turistas tápanse do frío. Un día coma hoxe na rúa podemos ver a xente vestida de todas as formas posibles. O tempo anda tolo e nós toleamos con el.
"Si, si, porque realmente non sabes o que poñer", di un señor.
Os comerciantes sacan de novo a roupa de entretempo.
"Este ano claro, con este tempo que temos é totalmente normal que se venda algo máis de parka, de chaqueta con mangas", explica María Josefa Saborido, comerciante.
Algunhas están xa esgotando os chuvasqueiros. Os escaparetes empezan a vestirse de outono. Algúns turistas foron precavidos.