CRTVG

Buscar

As tendas de Inditex comezan a cobrar polas bolsas e a recadación irá destinada a proxectos medioambientais

Publicado o 18/10/2021 14:37

As bolsas da multinacional Inditex xa non son de balde e o cambio pilla a moitos por sorpresa.

A compañía enmarca a decisión na mellora da sostibilidade e moitos ven a medida con bos ollos.

O prezo xeral será de 10 céntimos por bolsa e de 20 polos sobres de agasallo, salvo algunhas excepcións algo máis caras.

Hai quen rexeita a medida. E outros sinalan que intentarán evitar o pago.

A multinacional galega sinala que a recadación polas bolsas irá destinada integramente a proxectos medioambientais.

Noticias web

18/10/2021