CRTVG

Buscar

As tendas das vilas turísticas venden roupa de inverno neste verán nubrado

Publicado o 26/08/2021 20:52
As tendas das vilas turísticas venden roupa de inverno neste verán nubrado

Probar un abrigo en chancletas e bañador ou no camiño de volta da praia é un xesto moi habitual nas tendas de roupa do Paseo de Silgar.

Os principais clientes destes establecementos nesta época do ano son os veraneantes de segunda residencia e os turistas de paso. As compras anímanse moito os días nubrados.

Nas vilas turísticas o vindeiro cambio de estación leva todo o verán anunciado nas perchas e nos andeis.

Noticias web

26/08/2021