CRTVG

Buscar

As tendas da zona vella de Santiago contribuen a eliminación do plástico empregando bolsas ecolóxicas

Publicado o 09/08/2019 16:34

Os comerciantes da zona vella de Santiago comezan desde hoxe a empregar bolsas ecolóxicas para darlles aos turistas que levan agasallos. A campaña é unha das iniciativas coas que a Xunta pretende reducir nun 80% o uso de bolsas de plástico de aquí a seis anos.

Nunha mañá en que o plástico tiña unha alta demanda en Santiago, os comercios da zona vella comezaban unha campaña pra sustituir este material. 52 mil bolsas ecolóxicas vanse repartir entre os 200 establecementos asociados a Compostela Monumental.

A campaña é unha das iniciativas coas que a Consellería de Medio ambiente pretende conseguir o obxetivo de reducir nun 80 por cento o uso de bolsas de plástico no ano 2025.

O 1 de xanerio de 2020 prohibiranse as bolsas de plástico fragmentado, e a partir do 2021 as bolsas máis lixeiras, agás as que sexan compostables.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019