CRTVG

Buscar

As temperaturas volven subir antes de dicirlle adeus á vaga de calor

Publicado o 15/05/2019 15:01

Ata os 34 graos se prevé que ascenda hoxe o termómetro en Ourense, que volverá marcar a máxima de Galicia. Será, segundo a predición, a última xornada de calor abafante que trouxo a masa de aire africano. Mañá baixan as temperaturas, volverá a chuvia e mesmo dan algo de neve na fin de semana.

Onte acadáronse os 37 graos na Arnoia e hoxe volveremos superar e moito os 30 graos de temperatura en boa parte da provincia. Graos que propician imaxes de verán para o que aínda falta tempo. Así que cómpre buscar a sombra.

Con todo, a predición anuncia un cambio brusco de tempo, nesta primavera tola á que xa nos imos acostumando. Ata dez graos pode baixar a temperatura máxima. Volve a chuvia e mesmo se anuncia algo de neve na alta montaña para a fin de semana.

O ascensor meteorolóxico manterase uns días na planta baixa, e non volverá subir ata a semana que vén.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019