CRTVG

Buscar

As temperaturas subiron por riba dos 36 graos na provincia de Ourense

Publicado o 11/07/2020 20:53

Calor sufocante, de novo, na cidade de Ourense. E con case 36 graos os que que quedaron aquí buscaron alivio nas piscinas.

Tarde de piscina ou no río, e é que as beiras do Miño son o mellor refuxio para soportar a calor nas horas centrais.

Moita calor en todas as localidades bañadas pola cunca do Miño e en Leiro achegáronse hoxe aos 37 graos. E mañá máis calor nesta zona e no Barco de Valdeorras estarán en aviso amarelo por altas temperaturas e pode que tamén cheguen as treboadas.

Noticias web

11/07/2020