CRTVG

Buscar

As temperaturas medias deste mes confirman que o verán non acaba de chegar

Publicado o 26/07/2021 14:56

España está inmersa nunha vaga de calor, pero na nosa comunidade semella que o verán non acaba de chegar, e iso que estamos a piques de rematar o mes de xullo.

Esta inestabilidade provocou que na meirande parte de vilas e cidades de Galicia a temperatura media de xullo fose cinco graos inferior á rexistrada o ano pasado por estas mesmas datas.

En Boiro, por exemplo, a temperatura media este mes foi de 24 graos, case seis graos menos que o que marcaban os mercurios o ano pasado.

Así e todo, hai que lle ver a parte positiva a este tempo, máis propio do outono que do verán. A previsión para os vindeiros días non é moito mellor, nubes na metade norte e temperaturas moderadas en case todo Galicia, que poderían baixar un pouco máis nas provincias de Lugo e A Coruña.

Noticias web

26/07/2021