Remite a vaga de calor e as temperaturas baixarán nas próximas horas en España
Publicado o 15/08/2021 14:29
Despois de duas xornadas con temperaturas por riba dos corenta graos en moitos lugares de España, as previsións din que as temperaturas comezarán a baixar algo nas próximas horas. A meteoroloxía provocou fenómenos raros coma este rebentón cálido producido o sábado na feira de Albacete, con ventos de cen quilómetros por hora e temperaturas próximas ós corenta graos.
Aínda que viviron momentos de pánico, non houbo danos persoais. Polo que atingue ó resto do país, as temperaturas seguirán sendo altas en boa parte da península e nas illas Baleares e Canarias, e manterán en situación de risco dez comunidades autónomas.
En zonas do norte, do Estreito e de Melilla pode haber incluso nèboas e choivas ocasionais.