CRTVG

Buscar

As solicitudes do voto por correo caen un 30% con respecto a abril

Publicado o 31/10/2019 20:10
As solicitudes do voto por correo caen un 30% con respecto a abril


Correos admitiu xa case un millón de peticións de voto por correo para as eleccións xerais do próximo 10 de novembro, unha cifra provisional que é inferior nun 30% á rexistrada no mesmo período previo aos comicios do 28 de abril. A falta de que este venres acabe o prazo para solicitar o voto por correspondencia, a sociedade estatal informou que xa admitiu un total de 918.455 peticións de cidadáns que desexan exercer por correo o seu dereito ao voto nas Eleccións a Cortes Xerais. Nas eleccións de abril, tamén a falta dun día para que se pechase o prazo, Correos xestionara 1.310.706 solicitudes, o que supón unha redución do 29,92% nos actuais comicios. O dato definitivo daquela campaña elevouse por encima dos 1,33 millóns, e nas eleccións de xuño de 2016 foi mesmo máis alta e chegou aos 1,46 millóns

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019