CRTVG

Buscar

As sete cidades galegas continúan en nivel alto e baixan a nove os concellos en nivel máximo

Publicado o 04/08/2021 10:28

O comité clínico acordou, a partir da medianoite deste sábado 7 de agosto, os seguintes cambios no mapa de restricións.

Nivel máximo

Os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo quedan no nivel máximo de restricións. Polo tanto, a hostalería poderá abrir cunha ocupación do 50 % nas terrazas e un 30 % no interior. Ademais, quedan prohibidas as reunións entre non conviventes entre a unha e as seis da madrugada.

Nivel alto

O comité determinou o nivel alto de restricións para Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

Para este nivel, a hostalería poderá abrir cunha ocupación do 50 % nas terrazas e 50 % no interior. Tamén neste caso están prohibidas as reunións con non conviventes entre a unha e as seis da mañá.

Nivel medio

No nivel medio de restricións atópanse os concellos de Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, A Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

A hostalería destes concellos poderá abrir cunha ocupación do 50 % nas terrazas e o 50 % no interior. Quedan prohibidas as reunións entre non conviventes desde as tres ata as seis da madrugada

Nivel baixo

O resto dos concellos galegos permanecerán no nivel baixo. Neste caso, o sector hostaleiro pode abrir cunha ocupación dun 100 % nas terrazas e un 50 % no interior, e tamén quedan prohibidas as reunións con non conviventes entre as 3 e as 6 da madrugada.

Outras medidas vixentes

Continúa vixente a limitación de persoas a grupos de máximo seis persoas en interiores e máximo dez nos exteriores. Estas limitacións non serán aplicables no caso de que sexan persoas conviventes ou se se producen encontros entre dúas unidades de convivencia. 

O uso da máscara continúa sendo obrigatorio para persoas de seis ou máis anos en interiores. Poderase prescindir dela en exteriores sempre que se garanta a distancia interpersoal de 1,5 metros.

No caso do lecer nocturno, poderá abrir nos concellos en nivel máximo e alto só na terraza, con consumo e servizo sentados en mesa e ao 50 % da capacidade máxima permitida. Só poderán abrir ata a unha da madrugada.

Nos concellos en nivel medio e baixo, o ocio nocturno poderá abrir cunha limitación do 50 % no interior e o 100 % na terraza, sempre que os asistentes presenten o certificado de vacinación ou unha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas. Nestes concellos, os locais teñen o horario de peche as 03:00 horas e deberán gardar un rexistro dos clientes.

As limitacións por actividades serán as seguintes:

En lugares de culto: 75 % da súa capacidade máxima permitida.

En velorios: 10 persoas por túmulo, sexan ou non conviventes.

En enterramentos ou despedidas para a cremación: 50 persoas, sexan ou non conviventes.

En congresos, actos e reunións laborais, institucionais, académicas ou profesionais: 75 % da capacidade autorizada do local. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1.000 persoas en locais ao aire libre.

En bilbiotecas, arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 75 % da súa capacidade máxima permitida. 

En actividades culturais: 20 persoas máximo, sexan ou non conviventes e excluíndo o monitor ou guía.

En competicións deportivas con público, cines, teatros e auditorios: 75 % da súa capacidade máxima permitida, cun límite de 500 persoas en locais pechados e 1.000 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

En piscinas (ao aire libre e cubertas): 75 % da súa capacidade máxima.

En duchas en instalacións pechadas: 50 %, teñan ou non cabinas.

Vestiarios e aseos en instalacións deportivas: 100 % naqueles que dispoñen de cabinas e 50 % se non dispoñen delas.

En parques acuáticos: 50 % da súa capacidade máxima.

En centros de lecer infantil: 75 % da súa capacidade máxima en grupos de máximo dez en exteriores e seis no interior.

 

Noticias web

04/08/2021