CRTVG

Buscar

As secuelas neurolóxicas da covid-19 poden aparecer anos despois

Publicado o 22/11/2020 14:12

A pesar das incógnitas que seguen existindo sobre os efectos da covid-19, diversos estudos comprobaron que un de cada tres pacientes hospitalizados acaba sufrindo cefaleas, dores musculares, convulsións e danos no cerebro ocasionados pola inflamación. Menos frecuentes son os ictus ou a chamada síndrome de Guillain-Barré, que vai paralizando todo o corpo. Os efectos varían en función da gravidade da infección sufrida.

Pablo Vicente Alba, neurólogo no hospital Álvaro Cunqueiro: "Os pacientes que acaban nunha unidade de críticos son os que teñen máis probabilidades de ter problemas neurocognitivos, entre os que están os problemas de memoria. E é máis mesmo se considera que anos, décadas despois de padecer a enfermidade poida haber máis risco de desenvolver enfermidades neurodexenrativas.

Nalgúns casos, eses efectos son reversibles con rehabiltación baseada na fisioterapia, na logopedia e na terapia ocupacional.

Pablo Vicente Alba, neurólogo no hospital Álvaro Cunqueiro: "Desta forma os pacientes poden aprender outra vez todo o que perderon por causa do dano cerebral por mor da plasticidade do cerebro, as neuronas sas son capaces de aprender o que sabían facer aquelas neuronas que se danaron pola infección".

E ademais está a prevención. Os especialistas traballan en diferentes estratexias con anticoagulantes e antiinflamatorios para intentar evitar que a covid-19 provoque lesións neurolóxicas.

Noticias web

22/11/2020