CRTVG

Buscar

As sancións a Irán elevan o prezo do petróleo ao seu máximo dos últimos seis anos

Publicado o 22/04/2019 21:32
As sancións a Irán elevan o prezo do petróleo ao seu máximo dos últimos seis anos

O endurecemento das sancións dos Estados Unidos a Irán dispara os prezos do petróleo. O barril de Brent, principal referencia para Europa, supera hoxe os 74 dólares, o prezo máis alto dos últimos 6 meses.

No que vai de ano, o cru subiu máis dun 40%. Detrás disto está o anuncio da Casa Branca de eliminar as exencións a 8 países aos que ata agora os Estados Unidos non sancionaban por comerciar con Irán. Entre eles están grandes importadores de petróleo iraniano como A China, A India ou Turquía.

Noticias web

22/04/2019