As San Lucas celebran o seu día grande
Publicado o 18/10/2020 14:55
O primeiro é medir a temperatura a todos os inscritos para os concursos de morofoloxía ou andadura equina. Este ano non son moitos os participantes, pero había que vir.
Lino vén de oza, e Carlota mais o seu pai veñen da Estrada.
Distancia entre o público e admiración compartida polas beleza destes animais.
Mentres, no Concello, celébrase a irmandade entre Mondoñedo e Ferrol.
No salón de plenos, unha sentida lembranza polos que levou a pandemia e tamén polos veciños de Alcoa que estána vivir unha situación tan difícil.
Nas rúas hai moi pouca xente. Unhas San Lucas feiitas con coidado e sentidiño para tratar de conter esta pandemia.