As rúas de Compostela comezan a recuperar os turistas
Publicado o 11/06/2021 14:45
Santiago comeza a recuperar pouco a pouco o seu aspecto habitual. O bo tempo destes días está favorecendo a que a zona monumental se encha de visitantes e peregrinos tanto nacionais como internacionais.
A xente ten moitas ganas de gozar e as rúas de Compostela están sendo testemuñas diso. Os turistas comezan a deixarse ver non só na zona da catedral, senón tamén nas terrazas de bares e restaurantes, que colgan o cartel de completo.