CRTVG

Buscar

As Rías Baixas galegas non queren dicir adeus ao verán

Publicado o 14/09/2019 14:43

Samil serve de exemplo das outras praias das Rías Baixas onde continúa o verán, e onde fai falta protexerse do sol. Onte foi o día máis caloroso de toda a estación, o día e a noite.

E mentres setembro deixa fortes chuvias e temperaturas baixas no resto de España, o sur de Galicia rexistra as temperaturas máximas. Ninguén diría que en só dez días, o 23 de setembro comeza unha nova estación. Os postos de socorrismo seguen abertos e a vida na fin de semana segue o ritmo do aire libre.

En Samil só a auga casaba co calendario. Dos 19 graos aos que chegou a ter aquí o Atlántico en xullo e agosto hoxe pasamos a 16 graos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2019