CRTVG

Buscar

Os hoteis de Sanxenxo roldan o 100 % de ocupación na ponte do Pilar

Publicado o 09/10/2021 17:28

A costa galega tamén está a recibir turistas esta ponte. As Rías Baixas, onde estaba previsto tempo primaveral, están ao completo estes días. 

A mesta néboa que velaba a ría de Vigo ás once da mañá non disuadiu os turistas que tiñan prevista hoxe unha visita ás Illas Cíes, a onde xa non quedan billetes ata o martes.

Un dos grandes reclamos do turismo que recibe Galicia é o bo xantar por iso un dos lugares máis frecuentados en Vigo é o contorno do mercado da Pedra.

Os hoteis de Sanxenxo roldan estes días o cen por cento de ocupación e os de Vigo tamén acadan cifras récord, en torno ao 90 por cento.

O lema "Galicia destino seguro" e o pulo turístico de Vigo con vistas ao nadal, fan que as expectativas sigan sendo altas de aquí a finais de ano.

Noticias web

09/10/2021