CRTVG

Buscar

As Rías Altas agardan unha boa ocupación turística para este verán

Publicado o 27/06/2019 14:32

O sector turístico agarda unha boa ocupación para este verán nas Rías Altas. As cifras foron moi boas xa nos meses de primavera. E é que os turistas valoran cada vez máis a oferta cultural e gastronómica desta zona de Galicia.

Praias en plena natureza, un completo patrimonio cultural e artístico e unha oferta gastronómica á altura das mellores capitais do mundo. Son os atractivos das Rías Altas galegas coa Coruña como epicentro, uns ingredientes que fan que ano tras ano as cifras de ocupación vaian medrando.

Os meses de primavera foron excepcionalmente positivos. A cifra de ocupación sobe en case un 20% respecto ao 2018 e as perspectivas para o verán apuntan xa máis dun 90%.

A aposta por un turismo de calidade vai dando os seus froitos. Soben os visitantes nacionais pero tamén os internacionais.

Este ano hai un aumento das reservas con antelación. En moitos casos familias que buscan fuxir da calor e da masificación que ofrecen outros lugares de España.





 

Noticias web

27/06/2019