CRTVG

Buscar

As restricións son para todos, pero hai quen busca como incumprilas

Publicado o 24/11/2020 15:11

Despois de varias semanas de peches perimetrais en boa parte de Galicia, aumenta a picaresca para eludir os controis da policía. De feito esta fin de semana en zonas como a de Ferrol detectáronse desprazamentos de mozos cara a outras localidades coa hostalería aberta, como é o caso das Pontes.

O cumprimento xeneralizado da limitación de movementos nas zonas perimetradas que non impide que, especialmente nas fins de semana, haxa quen busque escusas para incumprilo.

A escaseza de policías locais en moitos concellos dificulta os controis entre as zonas pechadas e os concellos limítrofes. E ademais, din os axentes, a prolongación das medidas no tempo resta finalmente efectividade e hai máis tendencia a incumprilas.

Esta fin de semana intensificaranse os controis de mobilidade, unha medida que está resultando efectiva para reducir contaxios.

Noticias web

24/11/2020