CRTVG

Buscar

As restricións pola covid incrementan as horas de consumo de móbil por parte dos menores

Publicado o 08/12/2020 14:16

A que idade pode un menor ter un móbil? O ano da pandemia tamén deixa datos importantes no que respecta aos menores e a tecnoloxía. En Galicia máis de 12.000 rapaces  engancháronse aos dispositivos móbiles no 2020. Segundo os expertos o confinamento acelerou o acceso ás tecnoloxías. 

Co confinamento e as medidas de restrición á mobilidade, con tantas horas na casa, moitos pais cederon ante as presións dos seus fillos para mercarlles un teléfono móbil. Un total de 12.000 menores de entre 10 e 15 anos conseguiron ese dispositivo durante este ano, o que supón un incremento dun 15 por cento respecto ao 2019. Os tres meses de confinamento teñen moito que ver con estas cifras pero ollo porque os expertos non creen que se trate só dunha situción derivada do encerro e advirten de que a idade de iniciación nestas tecnoloxías é cada vez máis temprana.

Os estudos sinalan que os menores teñen os seu primeiro teléfono móbil a idades máis tempranas, pero cal é a ideda adecuada?

Os expertos sinalan que o confinamento acelerou a iniciación nas novas tecnoloxías. Os pais mercaron un teléfono a 12.000 menores galegos de entre 10 e 15 anos durante no 2020, un 15 por cento máis que o ano pasado. Recoñecen que a máis tecnoloxía máis conflitos, o tempo de uso do móbil é o principal motivo das discusións.

Xunto ao tempo de uso tamén preocupan outros riscos como o acceso a determinados contidos e as redes sociais.

Segundo os expertos o máis seguro é dilatar a idade de acceso ao primeiro móbil aos 13 anos aconsellan establecer normas sobre o seu uso. Deste xeito evitaránse riscos e conflictos.

Noticias web

08/12/2020