As restricións na hostalaría xerán polémica no Grove pola expansión das terrazas
As restricións na hostalaría están a incrementar as peticións para aumentar o espazo das terrazas. As esixencias para manter a distancia de seguridade están a provocar que moitos hostaleiros soliciten máis espazo para colocar as súas mesas, algo que no Grove non están dispostos a permitir. Non queren que a vila se converta nun fervedoiro de terrazas.
O Grove é un dos sitios máis turísticos da nosa comunidade e por iso agardan recibir durante estas datas moitos visitantes, por iso hai moitos que consideran esta petición como algo lóxico para facilitar o traballo dos hostaleiros.
A opción que se propón é dividir a vila en dúas zonas. Unha zona A, a máis peonil e con máis problemas de aparcadoiro, onde non se van permitir modificacións e a zona B que estará situada ao oeste da localidade, onde se autorizarán novas terrazas con tarimas e peches de pantallas.