As restricións de Sanidade obrigan o concello da Coruña á suspensión dos concertos das festas
Esta tarde os operarios comezaban a desmontar o escenario do parque de Santa Margarida, onde este serán empezarían os concertos do Noroeste Estrella Galicia, un festival que se ía celebrar durante toda a fin de semana.
Facían o mesmo no escenario da praza de María Pita, que acollería esta noite o concerto de Triángulo de Amor Bizarro.
Desde o concello sinalaron que todos os eventos musicais de María Pita quedan suspendidos, tralas restriccións impostas por Sanidade para a área coruñesa. Unha decisión que ven lóxica, tanto coruñeses coma visitantes.
A suspensión dos concertos tamén afecta aos establecementos de hostalaría de María Pita, aída que son conscientes que o primeiro é a saúde.
"Si claro agardabamos máis afluencia de xente, aída que estiveran as mesas chea sempre hai xente esperando pata sentarse para ver o concerto", di o empregado dunha cafetería.
Canto a outros eventos que se están celebrando con motivo das festas da cidade, o concello anunciou que cando a restriccións se publiquen no DOG decidirase sobre a posible suspensión da Feira de Libro e da de artesanía Mostrart.
Todo parece indicar que as Festas de María Pita 2020, xa reducidas este ano, chegan ao seu fin. De feito, esta tarde xa se estaban retirando todos os carteis.