CRTVG

Buscar

Un mes sen que as residencias galegas rexistren falecidos por causa da covid−19

Publicado o 26/04/2021 16:04

As vacinas están a dar resultados. O exemplo máis evidente atopámolo nas residencias de maiores. En decembro, as mortes por coronavirus nestes centros representaban o 40 por cento dos falecementos que se notificaban na nosa comunidade autónoma. 

Hoxe, con máis do 94 por cento dos usuarios vacinados coas dúas doses, non se rexistran contaxios nestes centros e hai máis dun mes que non se notifica ningunha morte.

Foron os centros máis castigados polo coronavirus, pero un ano despois do inicio da pandemia, as residencias de maiores de Galicia son o mellor exemplo do que significa a inmunidade de grupo e dende o 1 de abril non se rexistran contaxios nin entre os usuarios nin entre os traballadores.

O inicio da vacinación foi un punto de inflexión nas residencias. En decembro, o 40 por cento das vítimas mortais por coronavirus eran usuarios de residencias. Hoxe, con máis do 94 por cento dos usuarios vacinados coas dúas doses, hai máis dun mes que non se notifican falecementos por covid−19.

Porque aquí non se baixa a garda, pero a tranquilidade volveu ao día a día destes centros onde esta favorable situación permitiu flexibilizar os protocolos e devolverlles aos maiores as súas actividades máis cotiás.

Nin a máscara nin a distancia social fan sombra no optimismo que se respira nestes días en que se segue completando a vacinación.

Noticias web

26/04/2021