CRTVG

Buscar

As residencias galegas continúan sen usuarios contaxiados

Publicado o 02/04/2021 12:27
As residencias galegas continúan sen usuarios contaxiados

As residencias de maiores galegas continúan este venres, por segunda xornada consecutiva, sen usuarios contaxiados pola covid-19. Deste xeito, só hai dous traballadores contaxiados, un desta residencia Coviastec Silleda, na que se rexistrou un brote, e outro nun centro de Oleiros.

Ademais, conforme aos datos actualizados este venres por Política Social, os centros de discapacidade galegos tamén se manteñen sen infectados por coronavirus. Esta situación prodúcese despois de que durante a terceira onda do coronavirus, as residencias galegas rexistraron un pico de usuarios contaxiados de 466.  Desde o día 25, e aínda a pesar dalgúns gromos, as residencias de maiores galegas foron experimentando un progresivo descenso na cifra de usuarios afectados.