CRTVG

Buscar

As residencias de maiores galegas seguen sen contaxios por sexto día consecutivo

Publicado o 06/04/2021 12:03
As residencias de maiores galegas seguen sen contaxios por sexto día consecutivo

As residencias de maiores galegas mantéñense sen contaxios entre os seus usuarios por sexto día consecutivo e soamente segue coa enfermidade un traballador dun centro sociosanitario de Oleiros (A Coruña).

Segundo a información facilitada pola Xunta, xa deu negativo o outro empregado que contraera a covid-19, no seu caso do xeriátrico Coviastec, en Silleda (Pontevedra). En canto aos centros de atención a persoas con discapacidade, non se rexistraron contaxios entre os residentes nin entre o persoal nas últimas horas.