CRTVG

Buscar

As residencias de maiores de Galicia suman 193 contaxios e 10 usuarios falecidos

Publicado o 27/03/2020 22:19

Polo menos 193 contaxios por coronavirus foron rexistrados nas residencias de maiores galegas e xa hai 10 falecidos, segundo os últimos datos actualizados da Consellería de Política Social.

O último, un usuario da residencia de Castro Caldelas. Outros falecementos rexistrados son os da residencia DomusVi San Lázaro, en Compostela, na que morreron tres persoas maiores e dous na de Portazgo, da Coruña. As residencias de Bellolar, San Carlos de Celanova, Domus Vi Barreiro e Domus Vi Carballo contabilizan un morto cada unha.

Nun só día o número de falecidos pasou de 5 a 10. O Centro de San Carlos de Celanova é o maior foco de contaxio en Galicia, con 63 casos. 45 usuarios e 18 traballadores.

DomusVi en Vigo conta con 46 contaxios e Domus Vi San Lázaro, 29. Nos centros de discapacitados repórtanse 13 positivos.