CRTVG

Buscar

As residencias caninas colgan o cartel de completo este verán

Publicado o 13/08/2021 21:41

As residencias caninas están ao tope da súa ocupación. O turismo do verán e as restricións coas que as mascotas atopan en moitos lugares fixo que este ano, con diferencia, sexa unha opción máis que demandada.

Nas máis das residencias deste tipo, os cans non só están coidados, senón que desfrutan da estancia xogando e correndo. A pandemia mudou o perfil do cliente, hai máis turismo nacional, hai máis cans que veñen de fóra.

O cartel de completo descolgarano, previsiblemente cando remate o verán. Con todo, trátase dun servizo demandado todo o ano. Nesta residencia canina teñen a maiores cans que agardan ser adopatados.
 

Noticias web

13/08/2021