CRTVG

Buscar

As reservas turísticas medran en Galicia, e con elas, o optimismo

Publicado o 26/05/2020 21:12

Os grandes operadores turísticos din que Galicia mantén a imaxe de destino tranquilo e acolledor e que tras a pandemia afianzou a marca de destino seguro.

As buscas céntranse nas zonas de costa, pero gaña peso o interior de Galicia. O demandante é, polo momento, un turista nacional.

A seguridade é clave para a desescalada do sector turístico e os hoteis e establecementos están adaptándose á situación e buscando a maneira de certificar a súa calidade sanitaria.

O obxectivo, captar tamén o turismo internacional, que poderá volver a Galicia a partir do mes de xullo.

Noticias web

26/05/2020