As reservas hoteleiras en Santiago para setembro e outubro alcanzan o 75%
Publicado o 28/05/2021 21:24

Para os meses de setembro e outubro as reservas hoteleiras en Santiago alcanzan xa o 75%. O dato avanzouno o alcalde compostelán, que tamén destacou que para o verán rózase unha ocupación do 50%. Unhas cifras que, segundo Bugallo, evidencian que se está producindo"unha reactivación rápida" do turismo.