CRTVG

Buscar

Os xulgados das cláusulas de chan reclaman un letrado xudicial propio

Publicado o 06/06/2017 14:30

As renuncias dos secretarios xudiciais de Vigo e da Coruña dos xulgados de reforzo por cláusulas de chan complican os primeiros días

As renuncias dos secretarios xudiciais de Vigo e da Coruña dos xulgados de reforzo por cláusulas de chan complican os primeiros días de funcionamento de ambos. Trátase dunha medida de presión deste colectivo para reclamar a asignación dun letrado xudicial propio en cada un destes xulgados. Como consecuencia disto, os xuíces asignados para as cláusulas de chan non poden xestionar as demandas.

Os primeiros xulgados dedicados en exclusiva a atender as reclamacións das cláusulas de chan en Vigo e na Coruña comezaban a funcionar o pasado xoves. Coa renuncia nas últimas horas dos secretarios xudiciais de ambos xulgados, o colectivo protesta pola ampliación de xornada dos mesmos que van a asumir a maiores o traballo destes reforzos. Reclaman a designación dun secretario xudicial a tempo completo.

En Vigo o xuíz decano apoia a demanda en caso dun aumento importante das reclamacións e afirma que os xulgados están en funcionamento.

Agora correspóndelle ao secretario coordinador de cada provincia a designación forzosa dalgún dos actuais secretarios que exercen na cidade. O colectivo propón que se recorra á bolsa de substitutos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2017