CRTVG

Buscar

As reformas en vivendas aumentan na área da Coruña para dar resposta ás novas necesidades derivadas da pandemia

Publicado o 04/02/2021 21:09

A reforma e a rehabilitación das vivendas convértense na táboa de salvación do sector da construción. As melloras máis demandadas nas vivendas son a creación de espazos máis amplos e o aumento da eficiencia enerxética dos inmobles.

Nesta vivenda a empresa de Manuel está a facer unha reforma integral. Tras o duro confinamento de marzo do ano pasado o dono decidiuse a abrir espazos máis amplos.

As obras de reforma están a ser a táboa de salvación do sector da construción. O Colexio Oficial de Arquitetura Técnica da Coruña tivo en 2020 unha caída no número de expedientes de obra rexistrados nas áreas de Santiago e de Ferrol. Só no caso da área da Coruña aumentou o número de visados grazas ás reformas e rehabilitación. A suba foi do 1,24 %. Realizáronse obras no interior e tamén no exterior das vivendas.

Unha tendencia que o sector asegura se vai manter nos próximos anos grazas ás axudas que chegarán procedentes dos fondos europeos de recuperación.

Axudas que irán destinadas principalmente á adaptación de vivendas para facelas máis accesibles e á rehabilitación enerxética.

Noticias web

04/02/2021