CRTVG

Buscar

As redes sociais, testemuñas das visitas ilustres a Galicia durante a Semana Santa

Publicado o 22/04/2019 16:26

Sempre foi unha das asiduas, como tamén o era a súa nai, á Semana Santa sevillana, pero este ano Eugenia Martínez de Irujo puxo rumbo ao norte acompañada do seu home, Narcís Rebollo. Fixeron primeira parada en León para vivir a aventura co seu amigo Jesús Calleja. Visitaron unha propiedade de cría de bois e degustaron a gastronomía da zona.

Xa en Galicia, optaron pola Ribeira Sacra. A duquesa quedou marabillada das paisaxes fluviais. Visitou tamén o mosteiro de Santo Estevo e compartiu eses momentos cos seus seguidores no Instagram. Este ano Eugenia non viviu A Madrugá de Sevilla pero asistiu á procesión dos Caladiños de Betanzos, da man do deseñador Jorge Vázquez, que foi o seu anfitrión. Pasearon polas rúas da cidade vella, visitaron os monumentos e sobre todo gozaron dun tempo estival.

Quen tamén estiveron por Galicia estes días foron os cociñeiros máis famosos con estrela Michelín. Os irmáns Torres, Arzak e Berasategui, entre outros, asistiron a un evento benéfico en Negreira.

 

Noticias web

22/04/2019