CRTVG

Buscar

As redes sociais revolucionaron a comunicación

Publicado o 30/06/2020 20:40

As redes sociais revolucionaron o xeito de comunicarnos.

Parolamos, proxectamos unha imaxe, rexoubamos da vida do resto, ligamos, consumimos información e... publicidade, e así pasamos boa parte do día.

Facebook é a máis empregada en todo o mundo, 2.400 millóns de usuarios ten! E hai redes para todos os pasos vitais e para inquedanzas diversas.

Cada ano medra o número de persoas que usan redes sociais. Grazas a elas naceron novas profesións e mesmo serviron para organizar revoltas sociais.

Con elas medraron as noticias falsas, arriscamos a privacidade e
que non cheguemos a valorar unha persoa polo seu número de likes coma nesta distopía de Black Mirror.

Noticias web

30/06/2020