As redeiras, protagonistas das Medallas Castelao 2019, lamentan que non haxa remuda xeracional
As mulleres van ser as protagonistas indiscutibles das Medallas Castelao 2019, que se entregan a semana que vén. Entre as galardoadas están unha cardióloga, unha piragüista e o colectivo de redeiras.
Este recoñecemento esténdese a tódalas traballadoras do mar, personalizándose nas 150 mulleres que se encargan en Galicia de confeccionar en manter as artes e os aparellos de pesca.
Alí onde hai un porto pesqueiro haberá redeiras. Mans áxiles e curtidos nun oficio sen o que non se entende a pesca.
Unha actividad artesanal que forma parte do patrimonio cultural de Galicia. Un vello oficio para o que se precisa un relevo xeracional.
Da súa man segue a vida no porto. Chegan barcos, descargan, recollen outro aparello e volven saír ao mar. Así, como as mareas, veñen e van.