CRTVG

Buscar

As rebaixas online non agardan ao 7 de xaneiro

Publicado o 06/01/2020 23:39

Despois do día de Reis, comezan oficialmente as rebaixas. Aínda que a maior parte dos comercios xa adiantaron os descontos, mañá será o pistoletazo de saída para as grandes cadeas que aínda agardan ao 7 de xaneiro. Con todo, as grandes cadeas como Inditex ou El Corte Inglés comezaron esta tarde nas súas páxinas web e aplicacións para móbiles cos descontos.

Uns descontos que chegan ata o 50%. Pero será mañá 7 de xaneiro o día agardado por moitos para facerse con eses produtos máis desexados nas tendas físicas, sobre todo calzado e roupa.

A Confederación Española do Comercio  e a patronal do comercio téxtil, Acotex, prevén un aumento da facturación na campaña de rebaixas do 2 e o 3%.  Tamén se xerarán, segundo Adecco, ao redor de 125.000 novos  contratos laborasis, un 5,6% máis coa ano pasado.

E canto imos gastar nestas rebaixas de inverno?  pois parece ser que moito máis ca o ano pasado,  uns 206 euros de media, catro veces máis que no 2019.

 

 

Noticias web

06/01/2020