As rebaixas non cobren as expectativas do pequeno comercio, que pide regulación
Publicado o 13/07/2021 13:47
O mal tempo anima as rúas comerciais de Santiago porque á falta de praia moitos turistas e veciños optan estes días por iren de compras. Pero aínda así o balanzo da campaña de rebaixas do verán para o pequeno comercio non é moi optimista.
Aseguran que o concepto das rebaixas se desvirtuou pola desregulación das campañas de descontos, que agora xa non se cinguen a unhas datas concretas.
A venda en liña converteuse xa nunha táboa de salvación para moitos.
Ainda así, aseguran que os consumidores seguen instalados na prudencia e nin o tempo nin a evolución da pandemia axudan a que as vendas arranquen.