CRTVG

Buscar

As rebaixas nas peaxes da AP-9 entran en vigor esta mesma semana

Publicado o 26/07/2021 18:12

Os traxectos de volta feitos en menos de 24 horas serán gratis na AP-9 esta mesma semana. É unha das bonificacións que anunciou a ministra de Transportes. Raquel Sánchez dixo que esta é a maior rebaixa nas peaxes na historia desta infraestrutura. 

Será gratis o treito entre Vigo e Redondela e haberá rebaixa para os usuarios que se movan entre Vigo e Tui. Ademais, os vehículos que fagan máis de 20 viaxes ao mes terán un desconto extra do 20%.

Os ususarios deben ter o dispositivo de telepeaxe para beneficiarse dos descontos. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, congratuolouse de que as rebaixas cheguen a Galicia, pero lamentou que o Ministerio aprobe o decreto sen ter en conta as achegas da Xunta.

Os transportistas terán un desconto adicional do 20% do importe da peaxe en todos os percorridos. 

Noticias web

26/07/2021