CRTVG

Buscar

A Xunta estuda destruír os túneles das ratas toupa na montaña luguesa

Publicado o 18/11/2019 15:22

A Xunta de Galicia está a avaliar os danos causados polas ratas toupa nos pastos da montaña de Lugo. Hai arredor de 1.500 hectáreas afectadas e entre as posibles solucións barállase o uso de aves rapaces, o emprego de praguicidas ou a renovación das pradeiras. En calquera caso, as subvencións da PAC non están en risco pola praga.

As ratas toupa convertéronse nun serio problema para os gandeiros da montaña luguesa. Os roedores causan estragos nos prados e prexudican as reservas de forraxe, coas conseguintes perdas económicas e posibles problemas de saúde das vacas.

A Consellería do Medio Rural desprazou técnicos ás zonas afectadas para avaliar a situación e decidir as medidas que se van adoptar para reducir o impacto dos roedores.

"As ratas fan túneles por debaixo da terra e comen as raíces da herba. Secan a pradeira toda". "Cernícalos, mouchos e outras aves que son o inimigo natural desta praga. Tamén estamos valorando o uso de fosfato de aluminio ou roturación de cultivos".

Os gandeiros explicaron os problemas que causan as ratas toupa nunha xuntanza en Triacastela. En total hai 1.500 hectáreas afectadas, pero non hai perigo de que se perdan as subvencións da PAC aos cultivos por causa das ratas toupa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019