As racións de polbo manterán no San Froilán os prezos do ano pasado
As casetas do polbo do recinto feiral do San Froilán, que abrirán as portas ao público dentro de tres semanas, van manter o prezo das racións do seu produto estrela. Valerán 12 euros, ao igual que o ano pasado, cando o importe da ración dun cuarto de quilo de polbo se incrementara nun 50 por cento e subira catro euros.
No resto das polberías da cidade tamén manterán os prezos, que oscilan entre 13,50 os 200 gramos e 15 euros os 400 gramos.
José Antonio Paredes, hostaleiro: "O prezo é o mesmo ca o do ano pasado. Exactamente igual, a 15 euros. E o peso, pois son entre 360 e 400 gramos. É unha ración bastante grande".
Pablo Pérez Mella, hostaleiro: "O peso da ración está entre 200 e 210 gramos, dependendo do corte. Tivemos que poñela a 13,50, e este ano están mantendo os prezos".
Que non suban os prezos das racións de polbo no San Froilán é algo sempre ben recibido polos lugueses.
"Paréceme ben que se manteñan. Xa me parece bastante pagar a ración de polbo a 13 euros, e a 15".
"Paréceme ben que manteñan o mesmo prezo ca o ano pasado".
O viño, que tamén subira a metade, e mais as racións de pan e de cachelos tamén manterán o prezo este ano nas patronais luguesas.