CRTVG

Buscar

As provincias de Barcelona, Xirona e Málaga, en alerta laranxa

Publicado o 10/10/2018 21:15

Ademais de Baleares este episodio de forte chuvia tamén afecta as provincias de Barcelona, Xirona e Málaga onde están en alerta laranxa.

As últimas horas xa foron moi complicadas nestes lugares e, por exemplo, na localidade malagueña de Coín a Garda Civil tivo que rescatar oito persoas nun cortixo. En Barcelona, a chuvia causou inundacións en baixos e problemas no transporte público.

A situación agárdase que mellore de cara a este xoves, pero, en calquera caso, Protección Civil sinala que, debido ao difícil prognóstico dos fenómenos tormentosos, hai que estar pendente en todo momento da posible evolución dos fenómenos meteorolóxicos.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018