CRTVG

Buscar

As protestas volven gañar intensidade en Chile tras tres meses de crise

Publicado o 18/01/2020 11:44


Miles de persoas volveron este venres para copar o centro de Santiago nunha xornada que se saldou con duros enfrontamentos entre as forzas de seguridade e os manifestantes, cando están a piques de cumprirse tres meses da maior crise social da democracia chilena.

A pesar de que o país austral se atopa en plenas vacacións estivais e moitos da capital fóronse á costa, a praza Italia, no centro de Santiago, volveu ser un venres máis o escenario das reivindicacións por un modelo económico máis xusto e por unha educación e unha sanidade gratuítas e de calidade para todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020