CRTVG

Buscar

As protestas en Irán pola suba de prezo da gasolina deixan dous mortos

Publicado o 18/11/2019 11:46

En numerosas provincias de Irán levan dous días de protestas contra a suba de prezo da gasolina. As mobilizacións acabaron en disturbios en distintas zonas do sur do país e deixan polo menos dúas persoas mortas e miles de detidas. O venres a gasolina triplicou o seu prezo.

O presidente de Irán, Hasan Rohaní, advertiu de que o Goberno non permitirá disturbios ou inseguridade.

Noticias web

18/11/2019