CRTVG

Buscar

As protestas dos pensionistas poñen o foco nas diferenzas das prestacións de homes e mulleres

Publicado o 01/03/2021 16:31
As protestas dos pensionistas poñen o foco nas diferenzas das prestacións de homes e mulleres

Os pensionistas volveron saír á rúa en varios puntos de España para reclamar melloras nas súas prestacións. En Barcelona, queimaron cartas da Seguridade Social e pediron a dimisión do ministro Escrivá.

Rexeitan a intención do seu ministerio de penalizar as xubilacións anticipadas; e tamén protestaron para pedir que remate a diferenza que hai entre as pensións dos homes e as das mulleres. Din que as deles son, de media, un 30 % máis altas. 

Tamén houbo protestas dos xubilados en Galicia. Os pensionistas insistiron tamén aquí nas desigualdades que existen entre as pensións de homes e mulleres. E piden solucións para as mulleres pensionistas que non puideron cotizar, e que agora reciben só unha prestación mínima de viuvez.

 

Noticias web

01/03/2021