CRTVG

Buscar

O sector do campo chega á quinta semana de protestas

Publicado o 18/02/2020 12:08

Quinta semana de protestas no campo para reclamar prezos xustos. Houbo cortes de estradas en Andalucía e Estremadura. Centos de tractores e milleiros de agricultores do sur de España volveron darlle visibilidade a un problema que, din, os está afogando.

Foi unha mañá de grandes complicacións para a circulación pola comunidade estremeña. O obxectivo era bloqueala. Con todo, os momentos máis tensos vivíronse en Andalucía, na mobilización dos agricultores de El Ejido.   

Representantes das organizacións agrarias reúnense esta tarde coa ministra de Traballo, despois de que a semana pasada foran excluídas da xuntanza que Díaz mantivo cos sindicatos.

Esta mañá trasladáronlles aos principais partidos no Congreso as súas propostas para paliar a crise do campo. A voceira do PSOE e o líder do PP comprometéronse cos líderes de Asaja, UPA e COAG a intentar buscar solucións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí