CRTVG

Buscar

As protestas dos agricultores esténdense desde Andalucía a Asturias, Cataluña e Valencia

Publicado o 14/02/2020 20:53

Este venres houbo manifestacións e tractoradas desde Andalucia ata Asturias pasando por Cataluña e a Comunidade Valenciana. Todos reclaman o mesmo, prezos xustos para os seus produtos, que se prohiban por lei as vendas a perdas e as prácticas abusivas por parte de grandes hipermercados e distribuidoras. Aseguran que está en xogo a súa supervivencia e, sen ela, o rural seguirá baleirándose.

Os tractores colapsaron a cidade de Valencia. Aquí a crise dos prezos agravouse cos temporais e a competencia dos produtos extracomunitarios.

"Así non se pode vivir. Para pagar esta botella de auga, custoume un euro, teño que vender 10 quilos de kakis a 10 céntimos", di un manifestante "España é máis agrícola que industrial. Pero aquí o agro a todos os gobernantes ata hoxe non lles importa unha miga", di outro. "Nalgúns casos estamos vendendo os produtos máis baratos do que os vendía meu pai hai 25 anos" explica o voceiro dunha asociación agraria "Eu non podo vender as manzanas a 20 céntimos e que eles as venda a dous euros", conta un agricultor.


A queixa repítena os produtores de oliva de montaña de Cádiz. "A situación é insostible, por suposto que si" "A recolección da oliva aquí sae posta na fábrica por 30 céntimos, na campiña a 20", contan.

5.000 tractores cortaron durante horas a autovía entre Córdoba e Málaga. E en Asturais soaron as chocas. Se o agro non é rendible, din, baléirase. "E cando non hai un fillo que estea a cargo da explotación, a explotación pecha"

E desde Cataluña a Andalucía advirten.... seguirán loitando nas rúas pola súa supervivencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020